A Conselleira de Medio Ambiente comprometese a reunirse cos veciños de Touro e O Pino

0

Touro, 27 de abril do 2019 – A Conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, visitou Touro e foi abordada por membros da Plataforma Mina Touro O Pino NON ante os que se comprometeu a reunirse cos veciños.

A Conselleira visitaba o concello para pechar co alcalde unha colaboración dentro do Plan hUrbe que suporá obras de mellora que eviten os asolagamentos do río Portapego en Fonte Díaz. Os traballos suporán un investimento de 60.000 euros dos que a Xunta aportará o 70%. Esta colaboración é moi criticada desde a Plataforma veciñal xa que consideran que págase con cartos públicos as desfeitas da empresa propiedade da mina.

Varapao xudicial para Atalaya Mining

O Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía ven de confirmar  a anulación da autorización ambiental e da autorización mineira na mina de Riotinto en Huelva. A sentenza estima a demanda presentada por Ecoloxistas en acción que anula a resolución de 2015 pola que a Junta de Andalucía autorizaba o reinicio dos traballos e do plan de explotación da mina que Atalaya Minin opera en Riotinto (Huelva). Na práctica supón que Atalaya Mining, empresa que quere comezar a extracción en Touro, perde os dereitos en Andalucía. A empresa perdía na bolsa de Londres un 10 por cento ao coñecerse a noticia.

Valo publicitario no Pino contra o proxecto mineiro

O rexeitamento social á mina de Touro faise cada vez máis visible. Esta semana apareceu colocado un gran valo publicitario na estrada N-547, á altura do Amenal, no Pino, que reza “NON Á MINA DE TOURO”, nunha rechamante cor amarela. Polo momento, nada de sabe da autoría da iniciativa pero desde a Plataforma Veciñal Mina Touro – O Pino NON mostraron xa o seu apoio.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial