займ срочно

A conta xeral de Silleda do ano 2020  arroxa un superávit de máis de 1,3 millóns de euros

0

Silleda, 25 de marzo do 2021 – A pleno municipal de Silleda recibirá hoxe a conta xeral do concello correspondente ao ano 2020 e que un superávit de máis de 1,3 millóns de euros.

Silleda remata ademais cun remanente de tesourería de 1.646.496,03 euros. O concello cumpre ademais,  según o informe de intervención co principio de estabilidade orzamentaria e ca regra de gasto. O resultado orzamentario  sitúase en 947.599,47 euros.

O alcalde e responsable de facenda, Manuel Cuíña, explica que . “Estes bos resultados económicos que vimos colleitando nos últimos exercicios, deixando atrás as épocas dos saldos negativos, permitirán que abandonemos xa este ano o Plan de Axuste ao que se viu avocado o Concello dende o ano 2012”.

Cancelación de débedas

O pleno municipal debaterá tamén outras cuestións económicas como o destino dunha parte dos remanentes, 210.000 euros, coa que se cancelará o último préstamos vixente no concello.

“Esta operación para acabar con ese crédito que está aínda pendente, logo de pechar o outro o pasado ano, suporá unha importantísima redución da débeda municipal”, engade Cuiña.

Tamén figura na orde do día unha modificación de crédito por valor de 73.904,80 euros para abonar facturas pendentes do ano pasado (Sogama e outras de electricidade), e unha subvención de 10.000 euros ao CPR María Inmaculada, de xeito excepcional, polos efectos económicos derivados da crise da Covid 19.

Outros temas

Entre os asuntos a tratar figura tamén a colaboración e delegación no ORAL da instrución de multas, ou as bases para a provisión do posto de traballo de Intervención.

Así mesmo, debaterase a aprobación inicial dunha nova ordenanza : a de protección e conservación dos camiños e vías públicas municipais en relación cas operación de saca de madeira. A ordenanza establece que para os traballos as empresas madeireiras deberán de realizar unha comunicación previa ao Concello presentando unha serie de documentación. Será obrigatorio depositar un aval (que variá en función das toneladas de madeira a retirar), así como sinalizar os viais, limpar retirar ou eliminar residuos dos traballos, e deixar o viario público nas mesmas condicións que antes da execución das talas.

A ordenanza establece tamén unha serie de sancións segundos as posibles infraccións que se cometan. Manuel Cuíña explica que  “O principal obxectivo é evitar que se produzan danos, como xa ten pasado, e que as empresas madeireiras respondan antes posibles desperfectos”.

Ademais trataranse as bases reguladoras para a concesión de subvencións a asociacións e clubs deportivos, as que regularán as axudas do programa de apoio á creación de emprego, ou a rebaixa da taxa da escola de Música ao 50%  cando as clases teñan que ser telemáticas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies