A crise na sanidade nos Luns do Ateneo

1

Compostela, 2 de febreiro do 2019 – O luns ás 20 horas o Ateneo de Santiago organiza a conferencia “Sanidade: unha crise permanente?”, impartida por Julián Álvarez Escudero, Decano da Facultade de Medicina e Catedrático de Universidade.

Os últimos acontecementos en torno a sanidade pública, protestas, folgas, denuncias de falta de persoal… denotan unha crise que, aínda que visibilizada nos últimos tempos, ven de longo tempo atrás e da que falará Álvarez Escudero.

O conferenciante

Julián Álvarez Escudero, Catedrático de Anestesioloxía, Reanimación e Tratamento da Dor da USC, é Xefe deste Servizo no CHUS dende 1990 e Decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía. Director do Departamento de Cirurxía e Especialidades Médico Cirúrxicas da Universidade de Santiago de Compostela, posúe 4 sexenios en investigación, 5 quiquenios de docencia universitaria e 5 tramos de excelencia curricular docente e investigadora. Editou 2 libros e é autor de 48 capítulos de libros, 84 artigos en revistas con factor Impacto, 78 sen factor Impacto indexadas en PubMed e 63 non indexadas. Especialista en Anestesioloxía e Reanimación dende 1984 e de médico de Medicina Xeral dende 1994, dirixiu 16 teses e participou en proxectos de I+D+i financiados por insticucións públicas e privadas. Actualmente é Presidente da Sociedade Española de Anestesioloxía, Reanimación e Terapéutica da Dor (SEDAR) así como da Comisión Nacional de Anestesioloxía e Reanimación, Vogal do Consello Nacional de Especialidades en Ciencias da Saúde e Académico Numerario da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia.

Share.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial