A Cultura Urbana este sábado en Ames co evento Boom Clap

0

Ames, 19 de outubro do 2018 –  A Concellaría de Mocidade, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), organiza o festival de cultura urbana Boom Clap, que terá lugar na área deportiva do Milladoiro mañá sábado 20 de outubro.

O Boom Clap estenderase desde as doce do mediodía ata as doce da noite. Acollerá diversas actividades como obradoiros, competicións de rap, exhibición de grafitte ou quedadas de skate e parkour. Tamén se contará coas actuacións dos subcampións da DMC, DJ Mil e DJ Webo.

Parkour e skate

Co obxectivo de facilitar durante a xornada a practica do skate e parkour habilitaranse diferentes módulos formados por rampas, caixóns e railes para realizar skate, ademais dunha estrutura estable configurada por cubos de distintas dimensións, travesos, pirámides, rampas e pedestais para a práctica do parkour, que se completará con un espazo de zonas acolchadas próximo ao parque móbil, para a práctica de saltos e rodamentos. O parkour consiste en desprazarse dun punto a outro de maneira fluída e superando os obstáculos que se presentan no percorrido, apoiándose por completo nas habilidades do corpo.

Obradoiros

Realizaranse tamén diversos obradoiros de actividades como o xa mencionado parkour, skate, ou grafitte, no que se busca ensinar a comunicar ideas, inquedanzas e preocupacións a través da pintura con sprai. Ao mesmo tempo, tamén terán acollida disciplinas menos coñecidas como o turntablism dj, unha disciplina practicada polos Djs de hip-hop, que consiste en mover un disco de vinilo sobre o prato do tocadiscos para crear distintos ritmos, ou o slackline, no que os participantes poderán experimentar a sensación de desprazarse sobre un soporte móbil en suspensión ao tempo que se descobren novos trucos e métodos para facelo.

Un mural de 40 metros

Ao longo da xornada celebrarase unha exhibición de grafitte, na que se realizará unha pintura mural temática de 40 metros, pintada a esprai sobre a parede do Pabillón Municipal de Milladoiro. A partir das 18.00 horas, celebraranse as “batallas de galos”, unha competición baseada nunha serie de enfrontamentos no que o protagonista é o rap. O gañador farase con un premio de 150€, mentres que o segundo e o terceiro posto accederán a un premio de 100 e 50 euros respectivamente. Para participar nestas batallas verbais será necesario inscribirse enviando un correo ao enderezo electrónico batalladegalos.ames@gmail.com.

Tamén haberá un oco para quen prefira actuar fóra das batallas de galos, durante o espazo adicado a micro libre e actuacións locais, que estará aberto a todos/as aqueles/as que prefiran intervir sen a presión da competición. De seguido, o punto e final do festival porano as actuacións dos subcampións da Disco Mix Club Spain, DJ Mil e DJ Webo, que se estenderán das 22.00 ás 24.0

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial