A D.O rías baixas celebrou un túnel do viño en Compostela

0

A vendima da D.Ou. Rías Baixas alcanzou os 33.300.000 quilos de uva colleitados e uns parámetros de calidade moi elevados

presentacion xornada en CompostelaSantiago de Compostela, 18 de outubro do 2016.- O Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas ofrece hoxe un Túnel do Viño no Hotel NH Collection de Santiago de Compostela. En sesión de mañá e tarde, os participantes nesta iniciativa teñen a ocasión de degustar 79 marcas de viños amparados por este selo de orixe e calidade, pertencentes a un total de 27 adegas. Dita actividade mostrou viños da anada 2015, aínda que o túnel abarca tamén outras anadas, comprendidas entre 2010 e 2014, e elaboracións especiais, como espumosos e tintos con D.O. Rías Baixas.

É a segunda vez que a D.O. Rías Baixas celebra un Túnel do Viño na capital galega. A primeira cita foi en 2006 cunha presentación de anada. Esta iniciativa está dirixida a prescriptores da provincia (hostaleiros, distribuidores, catadores, vinotecas, tendas especializadas…), aos que lles resultará de utilidade para incorporar e incrementar a utilización dos viños con D.O. Rías Baixas nos seus negocios.

Vendima de 33.300.000 quilos

Coincidindo con este Túnel do Viño, o Consello Regulador presentou da man do seu presidente e secretario, Juan Gil de Araujo e Ramón Huidobro, respectivamente, aos medios de comunicación un primeiro balance da vendima 2016 en Rías Baixas, desenvolvida entre o 6 de setembro e o 14 de outubro. A colleita deste ano sitúase como a terceira maior na historia desta denominación de orixe, superando os 33.300.000 quilos.

Con esta cantidade de uva recollida espérase poder elaborar uns 22 millóns de litros de viño certificado, unha cantidade que permitirá á denominación atender demanda dos viños Rías Baixas nos mercados galego, español e internacional. Na actualidade, as exportacións supoñen máis do 28% da produción da D.O. Rías Baixas, mentres que o mercado galego e nacional acaparan o resto da produción.

O director técnico do Órgano de Control e Certificación do Consello Regulador, Agustín Lago, explica que se trata dunha vendima desenvolvida con normalidade e caracterizada por un moi bo estado fitosanitario da uva. Obtívose, así, unha colleita con “uns parámetros de calidade moi elevados, un excelente equilibrio entre grao e acidez, así como uns perfís moi aromáticos”, tal como descríbea Lago.

O máximo responsable técnico de Rías Baixas detalla que as xornadas de choiva de principios do mes de setembro, xusto antes do groso das tarefas de vendima, contribuíron a optimizar o comportamento do viñedo. Desta maneira, descartáronse as previsións dunha diminución dun 10% con respecto á produción do ano pasado, estimacións técnicas realizadas a teor das circunstancias meteorolóxicas da primavera e o verán.

Por variedades de uva, a albariño volveu a representar máis dun 95% da colleita, mentres que outras brancas supoñen un 4% e, as diversas variedades tintas alcanzan preto do 1% desta vendima. En canto ás subzonas, o 60% da produción, máis de 20 millóns de quilos, concéntrase no Salnés.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial