займ срочно

A depuradora de Compostela puído licitarse no 2011

0

Compostela, 22 de maio do 2019 – A ampliación da depuradora da Silvouta tiña tódolos procedementos completados no 2011 e puído ser licitada a principios de ese ano.

As declaracións do candidato socialista, Xosé Sánchez Bugallo, sobre un presunto pacto con Agustín Hernández para deixar a licitación da depuradora da Silvouta ata despois das eleccións do 2011deixan dúbidas sobre porque segue sen resolverse o problema.

En rolda de prensa e a preguntas dos xornalistas Xosé Sánchez Bugallo explicaba que non abordar licitacións de tanto calado cando están próximas unhas eleccións é “algo normal”

En todo caso o candidato socialista recoñece que estaba todo listo para licitar a obra pero que era ao goberno central, o do socialista José Luís Rodríguez Zapatero, a quen lle correspondía facelo

O outro protagonista, Agustín Hernández, explica que o único acordo que tiña era coa cidade

A preguntas dos xornalistas, xa que non quedaba claro si existira a conversa con Bugallo ou non, o candidato popular acaba por negala

O certo é que a depuradorada da Silvouta puidodo ser licitada no 2011. A chegada ao goberno municipal do PP virou o proxecto cara o Souto e iniciouse o procedemento que, según Agustín Hernández, estaba case completado no 2015. Ao longo da lexislatura o goberno central, en este caso xa do Partido Popular e con Mariano Rajoy a fronte, seguiu avanzando cara a construción no Souto e chegou a aprobar no Consello de Ministros a expropiación forzosa dos terreos.

No 2015 a chegada de Compostela Aberta ao goberno municipal abría unha porta a volver á depuradora da Silvouta despois das alegacións veciñais e do concello de Ames. Tanto CA como o Psoe e o BNG apostaban por esa idea xa que a construción no Souto acababa cun enclave natural. En novembro do 2015 unha sentenza do TSXG dalle a razón a uns veciños e anula o informe de impacto ambiental da Silvouta polo que parecía que o traslado da depuración ao Souto era inevitable.

Un estudo da Universidade de Santiago e un segundo encargado a unha empresa externa, apoiados ambos os dous polo Ministerio de Transición ecolóxica, xutno coa ampliación ata o 2023 do uso dos fondos europeos é a posibilidade que está en marcha na actualidade. Unha tecnoloxía usada en máis de 40 plantas, algunhas mooi cercanas como a de Faro ou Oporto, e a posibilidade dunha construción por fases é a posibilidade que nas próximas semanas saberase que grado de realidade ten, en canto se dirima o procedemento de diálogo competitivo lanzado desde o ministerio sexa resolto.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies