A Deputación acomete melloras na estrada que une Vedra con Compostela

0

Compostela, 8 de febreiro do 2019 – Máis de 230.000 é a inversión que a Deputación da Coruña está levando a cabo na estrada que une Vedra con Compostela rematando en Santa Lucía.

Onte foron visitadas as obras polo presidente da Deputación, Valentín González Formoso que estivo acompañado pola Vicepresidenta do organismo provincial, Goretti Sanmartín, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega e outros deputados provinciais. Os traballos permitirán mellorar a seguridade viaria nun tramo de 3 quilómetros entre o Concello de Santiago, desde Santa Lucía, e o de Vedra a través da construción dunha senda peonil de 200 metros de largo e 2 de ancho situada na zona onde hai máis vivendas.

A actuación inclúe a colocación das canalizacións necesarias para a recollida de pluviais, a través de pozos ou sumidoiros e, nos accesos a vivendas, con reixas para evitar a entrada de auga. Ademais, unha vez rematada a senda, instalarase a sinalización horizontal e vertical pertinente.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, explicou que “o obxectivo prioritario nesta actuación é aumentar a seguridade viaria nunha contorna onde hai moitas vivendas” e destacou “a colaboración do Concello como sempre en calquera proxecto”.

Por outra banda, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, agradeceu “a colaboración da Deputación, que está a facer un esforzo importante en demandas históricas da cidade” e destacou que “con esta obra gáñase non só en seguridade viaria senón tamén en calidade na conexión de Santiago co concello veciño de Vedra”.

Máis de 3 millóns de euros para investimentos en Santiago

González Formoso aproveitou a visita a Santiago de Compostela para destacar os investimentos que está a levar a cabo a Deputación da Coruña ao longo de este mandato, que suman máis de 3 millóns de euros en total, contando cos que están en execución, en licitación, ou en fase de expropiación.

Ademais da obra visitada, no plan de obras da Deputación para Compostela, atópase a estrada que vai de Santiago ao Val do Dubra, a construción dunha ponte nesa mesma estrada ou a vía que vai de Santiago a Figueiras, entre outras.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial