A Deputación acondicionará o entorno das Torres de Altamira en Brión

0

Brión, 31 de xullo do 2018 –  A Deputación da Coruña licita por 28.792,43 euros as obras de acondicionamento do entorno das Torres de Altamira en Brión.

Estas actuacións teñen por obxecto realizar os traballos de mantemento das zonas verdes e dos elementos de seguridade existentes na contorna das Torres de Altamira, así como o mantemento dos restos pétreos, muros ou basamentos que se manteñen en pe. As obras previstas consistirán no desbroce e limpeza da parcela, incluíndo limpeza de herba, retirada de refugallos e de elementos alleos á contorna, e o lavado de muros de pedra por medios manuais, con cepillos de cerda natural e xabóns neutros, seguindo así as indicacións realizadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Tamén está prevista a retirada, o traslado e o acopio das pedras diseminadas pola parcela, que afectan ao tránsito dos visitantes e á súa seguridade, e o mantemento e execución de varandas de protección, para evitar caídas a niveis inferiores ou por taludes laterais, así como a revisión das zonas perigosas como son o pozo e o torreón.

A presentación das proposicións poderanse realizar no correo patrimonio.contratacion@dacoruna.gal ata o día 3 de agosto

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial