займ срочно

A Deputación adxudica a construción dunha senda peonil en Toques

0

Toques, 8 de marzo do 2021 – A Deputación da Coruña adxudicou por 92.267 euros o proxecto para a mellora da seguridade viaria na DP 4604 ao seu paso polo concello de Toques.

As obras en Toques, que contan cun prazo de execución de 5 meses, permitirán construír unha senda peonil de 1,8 metros de ancho na marxe dereita da estrada DP-4604 ao seu paso polos núcleos de A Zarra, A Barxa e Souto. Esta unirase coas beirarrúas existentes en ambos extremos. O camiño contará cun solo de cemento e será accesible para todas as persoas.

Á súa vez, incluirase no proxecto a prolongación da senda existente na marxe dereita da travesía de Souto entre os puntos quilométricos 7+479 e 7+585. Para iso empregarase pavimento continuo de formigón coloreado que contará cun ancho de 2 metros, similar á beirarrúa existente. A iniciativa tamén inclúe a execución dunha rede de recollida de pluviais nas zonas necesarias.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, visitou Toques no mes de agosto xunto co alcalde, Miguel Ángel Buján, e constatou a necesidade de “incrementar a seguridade para os peóns nunha zona que conta con edificios a ambas marxes da estrada e que precisa dunha renovación moi demandada para adaptarse á realidade das persoas que transcorren por ela”, indicou.

Con esta actuación “seguimos mellorando a seguridade viaria dos 2.500 quilómetros das nosas estradas provinciais, co obxectivo de que tanto os vehículos como os peóns que discorren por elas conten cun espazo axeitado para facelo sen poñer en risco a súa seguridade” destacou González Formoso.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies