A Deputación ampliará a estrada de Martelo a Aguasantas en Rois

0

Rois, 23 de marzo do 2019 –  A comisión de Vías e Obras da Deputación da Coruña vén de aprobar o proxecto de ampliación e mellora da estrada DP-7402 de Martelo a Aguasantas, no termo municipal de Rois.

O Goberno provincial, presidido por Valentín González Formoso, investirá en esta estrada de Rois 1.233.924 euros. 1.150.071 €  destinaranse ao financiamento dos traballos e 82.852,66 ás expropiacións de 31.000 metros cadrados de terreos necesarios para a súa execución. O proxecto será aprobado definitivamente no pleno do vindeiro 29 de marzo.

As obras consistirán na ampliación do vial nos 2,5 quilómetros que discorren entre os PK 0+000 e 2+543, dotándoo dunha calzada de 7 metros de ancho con arcéns laterais de medio metro en cada unha das marxes. Ademais executaranse melloras puntuais no trazado, coma a rectificación dalgunhas curvas, que xunto co maior ancho da plataforma contribuirán a incrementar a seguridade da circulación.

Vertebrar as conexións nas comarcas de Noia e Padrón

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou o “carácter estratéxico deste proxecto”, que contribuirá a vertebrar as comunicacións no suroeste da provincia da Coruña, concretamente das comarcas de Noia e Padrón, xa que a DP-7402 serve de conexión da estrada autonómica AC-301 (Padrón-Aguasantas), coa AC-543 (Santiago-Noia) e tamén coa futura autovía de Noia, o que na práctica supón conectar estas bisbarras da forma máis curta, áxil, segura e efectiva a través deste conxunto de estradas.

Debido á estreitez e o mal estado do firme da estrada actual, moitos vehículos utilizan actualmente itinerarios alternativos para facer este traxecto, como a estrada dos Ánxeles (AC-300), que supoñen un rodeo de ata 30 quilómetros.

Ademais, a ampliación da plataforma do vial permitirá o seu uso por parte do tráfico pesado, xa que os camións evitan actualmente circular por esta estrada debido a que nos tramos más estreitos apenas permite o cruce de dous camións actualmente.

As obras incluirán a construción dun novo sistema de drenaxe transversal da calzada, a instalación de tubaxes de pluviais cun diámetro mínimo de 30 cm que deberán garantir a estanqueidade, a canalización eléctrica para o alumeado público e a renovación da sinalización horizontal e vertical.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial