A Deputación ampliará a estrada de Roxos a Reborido

0

Compostela, 14 de setembro do 2020 – O pleno da Deputación da Coruña aprobou por unanimidade á primeira fase do proxecto de ampliación e mellora do trazado da estrada provincial DP 7802 de Roxos a Reborido, en Santiago de Compostela.

O organismo provincial investirá máis de 1,2 millóns de euros nas obras, dos que 1.123.606 € se destinarán ao financiamento dos traballos e 101.649,50 ás expropiacións necesarias para a súa execución. O proxecto suporá unha importante mellora da seguridade do tráfico na zona de Roxos, ao contemplar un ancheamento da calzada e a creación de beiravías de seguridade nos laterais.

Nesta primeira fase levarase a cabo o ancheamento e mellora do vial dende o punto quilométrico 0+390 (Roxos) até o 2+620, unha vez atravesado o núcleo rural de Frais. O seguinte quilómetro 2+620 ao 3+710 (Reborido) será obxecto da segunda fase.

A estrada a mellorar comeza en Roxos, moi cerca de Compostela, con dous carrís e ancho de sete metros, beirarrúas e aparcamentos aínda que só nos primeiros 400 metros. Será a partir de este punto onde se comeza a mellora xa que desde aquí a estrada redúcese ata os seis metros de ancho e, en algún caso, ata os catro.

Trás a intervención a calzada contará con dous carrís de 3,5 metros, con beiravías de un metro a cada lado, totalizando un ancho de plataforma de 9 metros. O proxecto inclúe ademais a pavimentación do vial, dotándoo dunha nova capa de rodaxe con base de zahorra artificial e superficie de mestura bituminosa en quente e rego de adherencia en toda a plataforma, así como a instalación de novo sistema de drenaxe, e renovación da sinalización horizontal e vertical.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial