A Deputación completará a rede de sendas peonís de Oroso

0

Oroso, 7 de decembro do 20018 – O Concello de Oroso obtivo o compromiso da Deputación da Coruña para dar un novo impulso e completar a rede municipal de sendas peonís.

O deputado socialista José Manuel Pequeño, responsable do departamento de Vías e Obras da Deputación da Coruña, realizou na pasada semana unha visita ao concello. Xunto ó alcalde, Manuel Mirás, o deputado provincial Antonio Leira e o concelleiro Eduardo Veiras, inspeccionou as obras dunha das sendas peonís. a de Falmega, que unirá Sigüeiro con Barral en  Villaromarís.

Según o alcalde Manuel Mirás “Os traballos están pendentes de que rematen as choivas para entrar na última fase, é unha senda de case seis quilómetros que contou cun orzamento que ronda os 100.000 euros. Esta infraestrutura era unha demanda veciñal que desde o concello trasladamos ao organismo provincial; non foi atendida no pasado pero agora saíu adiante”.

Despois, visitaron a parroquia de Marzoa para falar dun novo proxecto de senda peonil na estrada provincial 3802. Será a continuación dunha que vén do concello de Frades e conectará o lugar de O Castro co local social de Marzoa (marxe dereita), para continuar despois pola marxe esquerda ata O Carballal.

A Deputación da Coruña comprometeuse a impulsar o proxecto para que este licitado a curto prazo. Para o Concello de Oroso, é unha prioridade mellorar as comunicacións entre o centro urbano e as parroquias do municipio. “É ademais un compromiso electoral que cumprimos para mellorar a vida dos veciños e a seguridade viaria”, afirma o alcalde. “Xa estamos entre os municipios galegos con máis quilómetros de sendas peonís construídos, un obxectivo importante para humanizar o Concello de Oroso”.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial