A Deputación construirá cinco kilómetros de sendas peonís en Negreira

0

Negreira, 28 de febreiro do 2019 – A Deputación publicou no BOP o pago de depósitos que inician a expropiación dos terreos necesarios para a construción de 5 kilómetros de sendas peonís en Negreira.

As senda situaranse na estrada provincial 5603 que una o concello co Marco do Cornado, tramo pertencente ao Camiño de Santiago cara Fisterra e Muxía.

As novas sendas terán dous metros de ancho e realizaranse cun firme especial en zahorra artificial estabilizada con cemento, o que proporciona un firme brando e cómodo para camiñar longas distancias.

O investimento supera o millón de euros dos que 119.000 destínanse a expropiacións. O día de abono das expropiacións será o 2 de abril na Casa da Cultura de Negreira de 16.30 a 19.00 horas-

Este investimento realízase dentro do Plan de Sendas Peonís, que pretende mellorar a seguridade viaria dos peóns nas vías de titularidade provincial. Así mesmo, a Deputación realiza este tipo de actuacións especialmente naqueles tramos polos que discorren as sendas xacobeas, co obxectivo de mellorar as dotacións para os peregrinos e evitar que teñan que transitar pola calzada ou as beiravías, co consecuente perigo. Ademais das sendas en Negreira, a Deputación xa construíu itinerarios peonís noutras estradas provinciais polas que pasa a prolongación de Fisterra e Muxía, nos concellos de Dumbría, Muxía e Santa Comba.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial