A Deputación da Coruña apoia o programa de actividades culturais, artísticas e científicas da USC

0

Compostela, 4 de decembro do 2018 – O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Antonio López, asinaron o convenio para o financiamento das actividades culturais, artísticas e científicas da USC.

A través deste convenio, a Deputación achega 140.000 euros para financiar en colaboración coa institución académica compostelana un amplo programa de actividades entre as que destacan programas de detección e captación de talento coma ESTALMAT, que ten como obxectivo detectar e estimular o talento matemático entre o alumnado de 12 a 15 anos dos centros educativos da provincia da provincia, ou “A Ponte entre a USC e o Ensino Medio”, que pretende captar aos mellores expedientes académicos procedentes de Bacharelato e ciclos formativos.

“Na Deputación consideramos que o investimento en capital humano é sempre o máis rentable e, no caso particular de Estalmat, máis aínda; dado que o público obxectivo son mozos e mozas con capacidades especiais para unha materia coma as matemáticas, que é clave no desenvolvemento de moitas áreas coma a teconoloxía ou a medicina e que, polo tanto, é clave para a innovación e o desenvolvemento da sociedade do futuro”, afirmou Valentín González Formoso, que destacou a “estreita colaboración” que dende hai anos manteñen a Deputación e a USC “no ámbito da cultura, a arte ou a investigación”.

Amplo programa de actividades culturais e deportivas

A través deste convenio finánciase tamén un amplo programa anual de actividades culturais e deportivas que inclúen o teatro ( Festival Internacional de Teatro Universitario, Mostra de Teatro Universitario de Galicia, Xira da compañía da Aula de Teatro…), música e danza ( encontros orquestrais de primavera, verán e Nadal da Orquestra da USC, ciclos de música vocal e instrumental, Encontro Universitario de Danza Contemporánea….) ou arte (exposicións “Miradas de Marfil”, “Tecidos e vestidos no laboratorio gráfico”, etc.)

O acordo inclúe tamén o financiamento de actividades vinculadas coa promoción do deporte e a vida saudable, desprazamentos de equipos que participen en competicións universitaria, renovación de equipamentos e mantemento das múltiples instalacións deportivas da USC, así coma apoio para a celebración de congresos, cursos e seminarios que contribúan ao intercambio de coñecemento científico e cultural da comunidade universitaria.

Camiños de Coñecemento e Experiencia

Finalmente, o convenio financia “Camiños de Coñecemento e Experiencia”, un programa destinado a persoas e máis de 50 anos das comarcas da contorna de Santiago que, por motivos sociais ou económicos, non poden asistir a este programa de formación de maiores nas aulas da USC.

Este ano, o programa desenvolveuse nas comarcas de Barbanza, Noia, Muros, Santiago, Sar, Barcala, Ordes, Arzúa, Terras de Melide, Tabeirós e Deza.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial