A Deputación financia a segunda fase das obras de reurbanización de Ribas, en Teo

0

Teo, 25 de febreiro do 2019 – O Plan Único da Deputación da Coruña investirá 257.711 euros  na segunda fase das obras de reurbanización do núcleo de Ribas (Oza), no municipio de Teo. O orzamento inclúe unha achega municipal de 5.827 euros e 251.884 € de fondos provinciais.

As obras en Ribas veñen de saír a licitación na Plataforma de Contratación do Estado e suporán a continuidade dos traballos destinados a renovar as rúas interiores no núcleo teense, así como dotar ás vivendas da infraestrutura necesaria para o abastecemento de auga potable e evacuación de augas pluviais e residuais naqueles inmobles que hoxe non dispoñan destes servizos.

As pistas interiores da aldea contarán cun novo pavimento de formigón H-200 con acabado superficial rugoso e delimitado en varios tramos con adoquín. Na pistas máis alonxadas do núcleo de Ribas, as pistas pavimentaranse con mestura bituminosa en quente.

Procederase tamén á construción  da rede de abastecemento de auga potable, unha rede de recollida separativa de augas pluviais e residuais e a instalación da canalización para o soterramento das liñas de suministro eléctrico.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial