A Deputación inviste medio millón de euros en camiños e pistas de Ordes

0

Ordes, 10 de xaneiro do 2019 – O Plan Único (POS+2018) da Deputación da Coruña investirá 523.457,26 euros para financiar as obras de pavimentación e mellora dun total de 8 quilómetros de estradas camiños e pistas no termo municipal de Ordes.

As obras, englobadas en tres proxectos, contemplan traballos de roza da maleza, limpeza de gabias, reparación de fochancas, rasanteo, mellora de sinalización e pavimentación con grava e tratamento asfáltico en 19 camiños e pistas fundamentalmente rurais da localidade.

Os camiños municipais que se repararán con fondos do Plan Único son a pista Souto- Pedre- AC 409, a pista de acceso dende Cruceiro á Igrexa,  as pistas de acceso a Vilar e Seixo (ZCP Mercurín), o camiño de Pardiñas (Poulo), o camiño da N 550 a Folgueira (Ardemil), pavimentación en Adina (Ardemil), acceso exterior a Menlle (Leira), Cruceiro (Poulo) e Xermiñas (Lesta), camiño de Cestaños ao límte con Tordoia pola ponte, viais na calle (Poulo), pista dende a Igrexa á estrada de Pontecarreira (Pereira), estrada de Soutozar a Aldea de Abaixo (Pereira), pista de Faramilláns ao límite con Vilarmaior, pista principal de Mandaios a Baltares, e rúa Boavista (Ordes).

Inclúese nos proxectos a construción dunha pequena senda peonil de 120 metros da N 550 Barreiro a Fonte, que contará cun pequeno muro de contención de terras, varanda metálica e bionda de protección para os peóns. En todas estas melloras colabora o concello de Ordes cunha aportación total de 47.000 euros.

Na zona Compostela foron doce os concellos que o ano pasado decidiron destinar a totalidade dos investimentos do Plan Único á mellora das súas  infraestruturas viarias e redes de abastecemento e saneamento, unha elección que amosa a necesidade de financiamento para estes servizos básicos. Este foi o caso de Ordes, pero tamén de Boimorto, Boqueixón, Dodro, Frades, Melide, Rois, Santiso, Toques, Touro, Trazo e Val do Dubra.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial