A Deputación licita a ampliación da ponte sobre o río Gatofero, na estrada que une Santiago e Val do Dubra 

0

Bisbarra, 11 de maio do 2019 – A Deputación da Coruña vén de publicar na Plataforma de Contratación do Estado o anuncio de licitación pública das  obras de construción dunha nova ponte sobre o rego Gatofero, no punto quilométrico 19+720 da estrada provincial DP 7804 que conecta Santiago de Compostela e Val Dubra. As obras contan cun orzamento de 405.294 euros.

O proxecto para a ponte Gatofero, aprobado por unanimidade polo pleno da Deputación, suporá a demolición completa do paso actual, con só 6 metros de ancho que resultan insuficientes para a nova sección do vial, e a construción dun novo viaducto de 12 metros de ancho, dos que 9 serán de calzada e 3 de beirarrúas, que se ubicarán en ambas as dúas marxes.

A nova estrutura consistirá nunha ponte de 25 metros de lonxitude total con catro vigas doble T dispostas sobre un único vano. Sobre elas executarase unha lousa de formigón armado executada in situ de 25 cm de espesor.

As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas até o vindeiro 3 de xuño.

1,2 millóns para ampliar a estrada DP 7804

Esta actuación forma parte dun proxecto integral de mellora integral da seguridade vial nesta estrada, entre os puntos quilométricos 18+690 e 22+223, no termo municipal de Santiago de Compostela, que suporá un investimento de 1.260.761 euros (913.410 para financiar as obras e 347.351 € para as expropiacións necesarias para a realización dos traballos).

O proxecto, actualmente en fase de expropiación, comprende un tramo de 3,5 quilómetros cun elevado volumen de tráfico que conecta o núcleo compostelán de Miramontes coa intersección da estrada DP-0701.

Suporá a ampliación da plataforma do vial ata os 9 metros (7 metros de calzada e 1 metro de beiravía en cada unha das marxes), a mellora do trazado en determinadas curvas e a pavimentación do tramo con macadam e zahorra artificial, ademáis da instalación dun sistema de drenaxe lonxitudinal con tubo de formigón, sistema de recollida de pluviais nos tramos onde hai beirarrúas e dotación de nova sinalización horizontal e vertical.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial