A Deputación licita as obras de reparación da ponte Albar

0

Trazo, 14 de marzo do 2019 –  A Deputación da Coruña investirá 112.038 euros nas obras de reparación da ponte Albar, que conecta os municipios de Trazo e Santiago de Compostela.

A ponte Albar sitúase sobre o río Tambre, entre as parroquias de Santa María de Xavestre (Trazo) e San Xoán de Fecha (Compostela). Trátase dun ben incluído no catálogo de bens culturais de ambos municipios e no inventario de pontes históricas de Galicia. A ponte conta con séculos de historia e aínda que a súa orixe segue sendo unha incógnita, hai numerosas referencias que a sitúan na Idade Media, cunha importancia notable, pois tratábase dunha das vías principais de conexión da cidade de Santiago cos portos do norte de Galicia e unha zona de paso do Camiño.

A ponte presenta actualmente diversos danos nos tallamares, onde se aprecia a falta de material granítico provocada polo impacto de material de arrastre durante as fortes riadas que portan consigo ramas de árbores caídas.

Desmonte o posterior montaxe dos tallamares

O obxectivo das obras será consolidar os elementos estruturais da ponte, para o que será preciso o desmonte dos tallamares ata a fiada inferior onde exista perda de material, previa numeración de cada unha das pezas de granito que as compoñen.

Unha vez desmontados os perpiaños e limpa a base de asento, procederase de novo ao seu remonte na posición orixinal, recuperando as pezas que se atopen caídas no río e usando pezas novas de granito se fora preciso.

Os traballos contemplarán tamén a eliminación da colonización biolóxica, a limpeza dos paramentos, saneamento das xuntas e encintado das mesmas con morteiro de cal, aplicación dun tratamento biocida e a roza da maleza na contorna da ponte.

As  empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro 8 de abril. O prazo de execución será de 4 meses a partir do inicio das obras.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial