A Deputación mellora a ponte de Santa Eufemia en Trazo

0

Trazo, 1 de febreiro do 2019 – A Deputación inviste 138.000 euros na ampliación da Ponte de Santa Eufemia e a construción de beirarrúas no entorno da Casa do Concello de Trazo.

O presidente de organismo provincial, González Formoso, destaca que as obras, incluídas no Plan Único, suporán a eliminación dun punto negro en Santa Eufemia e a mellora da seguridade peonil no entorno co colexio público de Viaño Pequeno. Ambas obras veñen de saír a licitación e inclúen tamén a mellora de camiños municipais en Sartegos e Ventas de Lengüelle

Ampliar en 4 metros o ancho da ponte

No caso da ponte de Santa Eufemia o viaducto ocasiona un estreitamento da calzada o que, unido á posterior curva pechada á dereita en sentido Breixo a Pedrouzo e a o xeo que no inverno se acumula sobre o firme, representa un perigo para o tráfico, nun punto onde xa se ten producido a saída da calzada de varios vehículos e nunha ocasión do autobús escolar.

As obras do Plan Único provincial permitirán anchear a ponte existente en catro metros mediante un marco de formigón prefabricado  que permitirá igualar o ancho da estrada en todo o tramo e permitirá o paso de dous vehículos simultaneamente en condicións de seguridade.

Melloras no acceso peonil á escola e o polideportivo

Outras das obras financiadas pola Deputación contribuirá a mellorar a seguridade peonil no tramo que conecta a Casa do Concello co polideportivo e o colexio público de Viaño Pequeno, onde existen actualmente unhas beirarrúas de un metro de ancho que resultan insuficientes e que obrigan aos escolares e acompañantes a circular en moitas ocasións pola beira da calzada, co perigo que isto conleva.

imaxe aérea da zona de Trazo que será melloradaPara evitar isto, procederase a ampliación das beirarrúas a 2 metros de ancho. As novas beirarrúas estarán formadas por 15 cm zahorra artificial compactada e  10 cm de formigón con mallazo coloreado. No tramo que vai da Casa do Concello ao colexio non existe beirarrúas, polo que se executará conforme a estas características.

Pavimentacións en Sartegos e Ventas de Lengüelle

A Deputación financia tamén as obras de pavimentación e mellora do firme dun camiño en Sartegos de 2,2 quilómetros, cuxo firme actual está moi deteriorado polo efecto das augas de escorrentía.

En Ventas de Lengüelle tamén se eecutará un reforzo do firme nun tramo de preto de un quilómetro de lonxitude.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial