A Deputación mellora o tramo entre a Gándara a Amañecida en Brión

0

Brión, 26 de febreiro do 2019 – A Deputación da Coruña vén de adxudicar dúas obras de mellora na estrada provincial DP-1301 da Gándara a Amañecida, no termo municipal de Brión, que suman un investimento de 324.968,31 euros.

A Deputación adxudicou por 210.177 euros (IVE incluído) as obras de mellora da rasante e pavimentación da DP 1301 Gándara-Amañecida, concretamente do pk 3,520 ao 5,870. Uns traballos que consistirán na mellora da rasante, a reparación dos defectos na capa de rodaxe e a regularización da totalidade da superficie coa extensión dunha capa de zahorra, grava e tratamento superficial. Inclúese a renovación da sinalización tanto vertical coma horizontal.

Así mesmo adxudicouse a ampliación e mellora do trazado nos primeiros 300 metros da DP-1301 (entre os pq 0+047 e o 0+377) por 114.791,31 euros (IVE incluído). Uns traballos que permitirán ampliar a calzada da estrada ata os 7 metros de ancho, con 0,5 metros de arcén, ademais de revestir en formigón as cunetas da zona e pequenas melloras do trazado para a rectificación de curvas. As obras inclúen tamén a execución dun novo sistema de drenaxe e recollida de pluviais que mellore as condicións de circulación con choiva e a ampliación da ponte entre os pk 0,304 e 0,330, que se fará mediante un taboleiro.

En ambos casos, as obras teñen un prazo máximo de execución de 5 meses.

O alcalde de Brión, José Luís García, destaca que “son dúas obras que mellorarán a seguridade viaria dos centos de veciños e veciñas que nestes momentos teñen que camiñar polas beiravías para achegarse ata a zona de concentración de servizos e equipamentos no municipio, como son a gardería, a zona comercial de hostaleira, ou mesmo a parada do transporte metropolitano”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial