A Deputación remata as obras na estrada de Tablilla a Agrodomestre en Tordoia

0

Tordoia, 22 de maio do 2019 – A Deputación da Coruña rematou as obras de pavimentación e mellora dos 2,8 primeiros quilómetros da estrada provincial DP 8401 de Tablilla a Agrodomestre, no termo municipal de Tordoia.

As obras na estrada a Agrodomestre supuxeron un investimento de 203.214,40 euros e comprenderon a limpeza das marxes e cunetas, o fresado e reparación das zonas danadas do firme, a pavimentación dos primeiros 2,8 quilómetros da estrada cunha capa de mistura bituminosa en quente de 6 cm. de espesor e a renovación da sinalización vertical e horizontal.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial