A Deputación visita Compostela

0

Compostela, 11 de setembro do 2020 – A Deputación da Coruña. representada polo seu presidente Valentín García, realizou este xoves unha visita institucional a Compostela.

García visitou a Asociación Empresarial do Tambre, as instalacións da madereira Finsa e o concello da cidade. A Deputación apoia con esta visita a aposta da cidade por densenvolver un tecido industrial forte que reforce o futuro da cidade máis alá do turismo.

A Deputación visita CompostelaAcompañado do alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e dos deputados provinciais Blas García e Mila Castro, González Formoso coñeceu de man do presidente da Asociación de Empresarios do Tambre, José Fernández Alborés, os detalles do proxecto Sionlla Bioetch “que conta coa implicación total de Xunta, Alcaldía de Santiago, Cámara de Comercio e da propia asociación e ás que nos gustaría sumar o da Deputación”, segundo detallou, para acadar o asentamento de industrias na cidade e aproveitar o amplo tecido investigador que xera ao seu arredor da USC.

O proxecto está centrado en dous sectores estratéxicos: a biotecnoloxía e a madeira (na súa segunda transformación e economía circular) e que conta xa na súa fase inicial cun investimento de 4 millóns de euros.

A Deputación visita Compostela“Nunha Galicia que adoece de desmantelamento industrial e que require de novas referencias nese sector, a Deputación quere estar presente nesta ilusionante aposta pola biotecnoloxía no sector empresarial de Compostela”, manifestou González Formoso.

O presidente afirmou que “a aposta da Deputación pola creación de  emprego e o fomento da actividade económica ten máis vixencia que nunca nun momento complicado coma o que atravesamos” e destacou a necesidade de “reter o talento” que xera os diferentes centros de investigación da USC e de “que se aposte por levar ese coñecemento ao mundo da industria aquí en Santiago”.

A Deputación visita CompostelaO alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, incidiu tamén en que  a cidade xa conta con numerosos polos de investigación en torno á USC e que agora “é preciso levalo á industria” cunha proposta “moi coherente co perfil que ten a nosa universidade e os seus institutos de investigación” que ten por obxectivo “aproveitar o talento “e de que a mocidade non teña que emigrar para desenvolver a súa carreira. “Queremos que as novas xeracións podan atopar un futuro aquí”, afirmou.

Sánchez Bugallo destacou que Sionlla Biotech “é un proxecto estratéxico que marca a diferencia para o futuro de Santiago, da provincia e de Galicia”.

“Se hai un político sensible e comprometido para apoiar o desenvolvemento industrial e as súas tecnoloxías é Valentín”, afirmou o alcalde, que agardeceu o interese da Deputación polo proxecto.

Visita á madeireira FINSA, exemplo de innovación

González Formoso e Sánchez Bugallo visitaron tamén a madeireira Finsa, unha das principais da comarca e “un exemplo de innovación”. Na visita estiveron presentes o director da factoría compostelana de FINSA, José Manuel Sánchez, así como membros do comité executivo da compañía. Alí puido coñecer de primeira man a historia e actividade da madeireira, líder no seu sector.

O presidente do ente provincial quixo incidir en que “neste complexo industrial hai 800 familias que viven do mundo forestal e da transformación da madeira”, reiterando a necesidade de investir e apostar pola industria galega co obxectivo de manter e xerar emprego, de reter o talento e de que a poboación formada non teña que saír fóra de España na procura dun futuro laboral. 

Reunión no Concello

A visita rematou no Concello de Santiago cunha reunión na que participaron os portavoces de todos os grupos políticos e na que González Formoso repasou os principais investimentos realizados pola Deputación no municipio entre os que destacan os máis de 1,5 millóns de euros investidos este ano a través do Plan Único para financiar diferentes obras e servizos no municipio.

Formoso destacou tamén o importante investimento do organismo provincial na mellora de estradas, con proxectos en marcha por importe de máis de 3,5 millóns de euros que inclúen a mellora da seguridade da estrada de Vedra a Ponte de Santa Lucía (xa rematada), a ponte sobre o río Gatofero na estrada que conecta Santiago con Val do Dubra (actualmente en execución), a senda a Figueiras e a ampliación da DP 7804, pendentes de licitación, ou a ampliación e mellora da estrada de Roxos a Reborido, cun investimento de 1,2 millóns de euros, que será aprobado definitivamente mañá polo pleno da Deputación.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial