A Dirección General de Telecomunicaciones informa favorablemente o PXOM de Silleda

0

Silleda, 12 de febreiro do 2019 – O Concello de Silleda recibiu en días pasados o informe favorable da Dirección General de Telecomunicaciones y Tecnologías de la Información, -dependente do Ministerio de Economía e Empres,  un dos documentos sectoriais sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

O alcalde, Manuel Cuiña, explica que o informe anterior era xa favorable para o Pxom, pero que por un cambio normativo “dos moitos polos que nos vimos afectados en todo o proceso” houbo que facer unha nova solicitude, que en primeira instancia obrigaba a facer unha serie de correccións.

Cuiña lembra que hai xa varios meses que se está a traballar no rexistro das traídas de auga de Silleda e da Bandeira “Agardamos ter estre trámite listo no menor tempo posible para volver a presentar de novo a documentación para que, dunha vez por todas, se poida aprobar o Plan Xeral de xeito definitivo por parte da Xunta”. O rexedor lembra que a Administración Autonómica rexeitou a proposta o mes pasado, “logo de máis de dous anos agardando por unha resolución”.

“Que informes coma o de Telecomunicacións cheguen a estas alturas non é culpa do Concello, senón da farragosa tramitación que conleva a aprobación dun documento deste tipo, polo que seguiremos loitando dende o goberno municipal”, engade.

Cuiña avanza que unha vez rematado o traballo da inscrición das traídas das augas, e toda vez que chegou xa o informe de Telecomunicacións, volverá a solicitar unha reunión cos responsables da Secretaría Xeral do Territorio, de cara a avanzar na tramitación.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial