A directiva do Ateneo reuniuse co reitor da USC

0

Compostela, 8 de novembro do 2018 – Unha ampla delegación da Xunta Directiva do Ateneo de Santiago, encabezada polo seu Vicepresidente D. Manuel López-Rivadulla Lamas, mantivo unha xuntanza co Reitor da Universidade de Santiago D. Antonio López Díaz.

Perante o transcurso da mesma tratouse o reforzamento da relación entre a USC e as entidades cívicas e culturais de Santiago, que posibilite un maior achegamento e comprensión das actividades e demandas da Universidade entre a cidadanía e un maior apoio ao transcendental papel que ten que xogar no desenvolvemento da cidade de Santiago. Tanto os representantes do Ateneo como o reitor coincidiron en impulsar a posta en marcha do proxecto do Xardín Botánico que consideran de gran importancia, non xa para a institución universitaria nos eidos da docencia e a investigación senón para dotar á sociedade compostelá dun equipamento que sirva para a educación e formación medioambiental e a conservación da biodiversidade territorial.

Igualmente, acordouse a actualización do vixente Convenio de colaboración entre ambas as dúas entidades que posibilite afondar, non xa na organización de actividades conxuntas nos eidos cultural e educativo senón en novos espazos de cooperación.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial