A educación na actualidade e as leis na volta dos Luns do Ateneo

1

Compostela, 12 de xaneiro do 2019 – Os Luns do Ateneo volven o próximo día 14 coa conferencia de Juan Manuel Escudero “A Educación no século XXI: vai de leis ou de profesores?”

Juan Manuel Escudero é Catedrático de Didáctica da Universidade de Murcia e Doutor Honoris Causa da USC. Este pioneiro no ámbito da Didáctica e autor de obras paradigmáticas no campo da Pedagoxía, tratará aspectos como o cambio na educación, as reformas educativas, o desenvolvemento profesional dos profesores ou os procesos de mellora institucional dos centros escolares.

O acto terá lugar ás 20.00 horas na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela e será de acceso libre e gratuíto ata completar o aforo dispoñible, rematando co tradicional debate co público asistente.

Juan Manuel Escudero Muñoz é Licenciado en Pedagoxía pola Universidade Pontificia de Salamanca e Doutor en Pedagoxía pola Universidade de Valencia. Foi Decano da Facultade de Filosofía e Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, Decano da Facultade de Educación e Director do Instituto de Educación e do Departamento de Curriculum e Investigación Educativa da Universidade de Murcia e membro do Consello Escolar do Estado, de diferentes axencias avaliativas e dos consellos científicos de diversas revistas. Na USC foi o primeiro catedrático da área de Didáctica e Organización Escolar, articulando un grupo de traballo arredor do currículo e o seu desenvolvemento, pioneiro en España.

Share.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial