A época napoleónica en Ponte Ledesma

0

Boqueixón, 26 de febreiro do 2019 – Os Concellos de Boqueixón e de Vila de Cruces presentaron a segunda edición das súas Visitas Teatralizadas a Ponte Ledesma Gres.

Serán os sábados 9 e 17 de marzo (12:00 horas) e nelas reviviranse as batallas napoleónicas libradas na propia ponte de Ponte Ledesma, que este ano conmemora o 210 aniversario. 

A presentación desenvolveuse sobre a Ponte Vella, coa participación dos alcaldes de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, e de Vila de Cruces, Jesús Otero Varela, así como a concelleira de Servizos Sociais de Boqueixón, Ana Seijo, xunto a persoal técnico das dúas administracións locais.

Fernández Munín destacou o éxito de público e a elevada valoración que obtivo esta actividade o ano pasado e desexou que sirva para atraer numerosos visitantes ao lugar. Otero Varela explicou que as Visitas Teatralizadas deste ano “para nada son unha repetición”, posto que contarán con diversas novidades e unha sorpresa final.

Na presentación tamén fixeron aparición o actor Suso Martínez, encarnado no capitán do exército de Trasdeza, Benito Martínez, e un oficial napoleónico. O actor que exercerá como guía adiantou que este tipo de propostas permiten que as persoas que as visiten coñezan capítulos históricos relevantes vinculados a lugares tan emblemáticos e singulares como Ponte Ledesma.

Como participar

As Visitas Teatralizadas, que percorrerán a contorna máis próxima á ponte, conmemoran a batalla que se librou nela en 1809 entre as tropas de Napoleón e o exército de campesiños ao mando de Benito Martínez. O capitán e os seus lograron conter temporalmente o avance do exército francés grazas ao apoio da xente da zona que batallou armada con trabucos e apeiros de labranza.

Os interesados e as interesadas en participar nestas visitas teatralizadas gratuítas deberán inscribirse ben no Concello de Boqueixón (no teléfono 981 513 061 ou no e-mail boqueixonturismo@gmail.com), ben no de Vila de Cruces (chamando ao 986 582 017 ou enviando un correo electrónico a concellodeviladecruces@gmail.com). O período para inscribirse á actividade conclúe o venres anterior a cada unha das representacións.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial