A Escola de Liñaio, en Negreira, celebra un século de vida

0

Negreira, 27 de abril do 2019 – Hoxe sábado as seis da tarde comezan os actos de celebración do 100 aniversario da Escola de Liñaio, en Negreira, que segue en pe como local da parroquia.

A Escola de Liñaio foi unha das chamadas Escolas de Indianos. En 1919 comezou a funcionar cos cartos enviados desde a emigración e segue en pe dando servizo a parroquia. As seis de esta tarde comezan os actos de celebración dos cen anos coas intervencións de Manuel Ángel Leis, presidente da Asociación de veciños, Amancio Liñares, historiador das Escolas de Indianos en Galicia, Xosé Antón Romarís, estudoso da escola de Liñaio, e Jorge Tuñas, alcalde de Negreira.

Fernando Docampo interpretará os himnos español, galego e cubano; descubriranse as bandeiras oficiais e repartirase pan e viño como cando foi inaugurada hai cen anos.

Actividades ao longo dos próximos meses

Ata o mes de xuño estarán instaladas as exposición Luces de Alén Mar, As escolas de americanos en Galicia, cedida polo Excmo. Consello de Cultura de Galicia, e unha fotográfica recopilada en Liñaio.

O domingo 16 de xuño fará unha visita oficial o Arzebispo.  Ás 13:00 h. celebrarase unh eucaristía oficiada polo Excmo D. Xulián Barrio. Haberá ademais unha actuación da Banda de Música do Ateneo de Negreira,

O sábado 30 de novembro celebrarase un Xantar Galego e a unha da tarde presentarase o libro “Os 100 anos da nosa escola”- Liñaio en pé. Tamén actuará ese día a Charanga Tíralle do Aire. Finalmente ás 20:00 h. traca de bombas de palenque e lucería como peche final os actos conmemorativos do 100 aniversario.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial