A Escola de Música Magariños de Brión  ofrece  o VII Concerto de Nadal

0

Brión, 21 de decembro do 2018 – O centro social polivalente de Brión acolle esta tarde, ás 18:30 horas, o sétimo Concerto de Nadal da Escola Municipal de Música Magariños.

Un recital que correrá a cargo do alumnado da escola de música, dende os tres anos ata os maiores, que amosarán as súas habilidades nas distintas especialidades que se imparten no Magariños e cun repertorio típico destas datas, con moitas panxoliñas e música clásica da man de solistas, dúos e formacións corais e instrumentais.

Por outra banda, ás 20:30 horas a sala municipal de exposicións de Brión acollerá o III Festival de Cortos de Brión. Un festival no que este ano se proxectarán un total de sete curtas: Adivina (20 minutos, dirixida por Gonzaga Manso), Mai (8 minutos, dirixida por Marta González), Marta (15 minutos, dirixida por Lucía Forner), Un día en el parque (corto de animación de 2 minutos dirixido por Diego Porral), 5105 Historia de una fuga de Mauthausen (29 minutos e dirixido por Diego González), Centrifugado (11 minutos e dirixido por Mireira Noguera) e RIP (de 16 minutos, dirixida por Albert Pintó e Caye Casas).

En ambos casos, a entrada é libre e de balde ata completar aforo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial