A Escola na cidade volve ao Paraninfo

0

Compostela, 8 de xuño do 2019 – Alumnado da Escola de Altos Estudos Musicais ofrece este luns un novo concerto no Paraninfo da USC dentro da iniciativa A escola na cidade.

A Escola na cidade é un ciclo de concertos de música de cámara interpretados polos alumnos/as do Curso Avanzado de Especialización Orquestral do centro. Como colofón dos seus estudos, os/as músicos/as noveis protagonizan varias actuacións no Paraninfo da Universidade de Santiago, situado na Facultade de Xeografía e Historia. As entradas destes concertos son gratuítas ata completar aforo.

A seguinte destas actuacións será este luns, 10 de xuño, ás 20:30 horas. Abrirá o concerto a violoncellista Gema Pérez, que interpretará un fragmento da Sonata Arpeggione de Schubert e a Suite para violoncello solo do violoncellista e compositor catalán Gaspar Cassadó. Estas dúas obras están conectadas polo folclore, a primeira dos Alpes austríacos e a segunda do rico folclore español. A intérprete estará acompañada pola pianista Haruna Takebe.

A continuación, o fagotista Diego Fernández achegará ao público o Concerto para fagot de Hummel, acompañado tamén da pianista Haruna Takebe.

A actuación concluirá coa interpretación da viola Lucía Camiños. Os/as asistentes terán a oportunidade de escoitar a Märchenbilder para viola e piano de Schumann e a Sonata para viola e piano nº 4 de Paul Hindemith, xunto á pianista Eriko Ishimoto.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial