Piden que se condonen os alugueiros dos postos da Praza da Estrada

0

A Estrada, 23 de marzo do 2020 – O BNG da Estrada ven de solicitar ao concello que condone o alugueiro dos postos da Praza mentres dure o estado de alarma.

Según o BNG o servizo que prestan os usuarios dos postos da Praza “é esencial e básico, ademais de estar autorizado polo decreto estatal, porque prové de produtos de primeira necesidade, naturais e de calidade”.

Piden que se condonen os alugueiros dos postos da Praza da EstradaSegún os nacionalistas a proposta pretende ao mesmo tempo manter viva a actividade da praza de abastos, nun intre onde están caendo con forza as vendas dos praceiros, fronte ás grandes superficies comerciais da localidade, que acaparan a maior parte do consumo.

O BNG da estrada recoñexe a excepcionalidade da situación e considera que por iso mesmo as medidas teñen que ser extraordinarias “Entendemos que estamos nun intre extraordinario e require tamén medidas extraordinarias por parte das administracións públicas, tamén por parte do concello. Neste sentido entendemos que condonar o recibos dos alugueiros dos postos da praza é asumíbel polo concello e aliviaría enormemente o peto dos comerciantes da praza, que teñen que buscarse a vida para sacar un produto natural que medra a pesar da parálise económica na que vivimos”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial