займ срочно

Piden a retirada dun vertedoiro incontrolado na Estrada

0

A Estrada, 27 de maio do 2020 – O BNG da Estrada ven de reclamar a retirada dun vertedoiro incontrolado na parroquia de Agar.

O vertedoiro sitúase no lugar de Outeiro na Nacional 640. Os nacionalistas critican a política municipal medio ambiental que, din, é a que provoca casos como este.

Piden a retirada dun vertedoiro incontrolado na EstradaA voceira do BNG no concello, Susana Camba, puxo en coñecemento da concellería do rural a existencia do vertedoiro. Camba explica di que “Desde o BNG pensamos que proceden desde o goberno municipal accións contundentes fronte a estes despropósitos. O goberno municipal non pode mirar para outro lado, como fai sempre, o respecto ao medio ambiente tamén é cousa do goberno municipal”.

Os nacionalistas consideran que o goberno da Estrada “debería ter unha concellería especificamente dedicada ao medio ambiente, non un totum revolutum como o actual onde se mete áreas tan dispares como medio rural, cultura, normalización lingüística e medio ambiente ”vaia máis alá de levar o lixo a SOGAMA”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies