займ срочно

O concello de A estrada presentou o seu VIII Campus Deportivo de Verán

0

A Estrada, 16 de maio do 2017 – O departamento de deportes do concello de A estrada presentou o VIII Campus Deportivo de Verán que oferta para os meses de xullo e agosto, un total de 200+100 prazas por quenda.

No próximo mes de xuño realizase a preinscripción para a quenda de xullo e no mes de xullo abrirase o prazo de inscrición para a quenda de agosto.

A actividade está dirixida para nenos de 5 a 15 anos e terá lugar na zona deportiva do concello en horario de 10.00 ás 14.00 horas. O prezo será de 80 euros por participante e mes. O único desconto no prezo será segundo os membros da unidade familiar que participen. Así, para o segundo membro da mesma unidade familiar o prezo será de 60 euros, para o terceiro membro da mesma unidade familiar o prezo será de 30 euros e a partir do cuarto membro o prezo será gratuito.

Terán preferencia no momento da inscrición, aqueles nenos que estén empadroados no Concello da Estrada. De quedar prazas vacantes, serán ocupadas por aqueles nenos/as que non se atopen empadroados no noso concello.

As actividades que oferta o Campus Deportivo de verán son, entre outras: fútbol, baloncesto, atletismo, bádminton, natación, tenis, ciclismo e xogos de iniciación para os máis pequenos. En cada quenda haberá una excursión o Aquapark de Cerceda e una acampada nas instalacións das piscinas municipais.

O Campus Deportivo de verán conta con servizo de transporte gratuito dende a estación de autobuses ata a zona deportiva, con paradas diante do Concello,  Bar Gran Vía, Ambulatorio e Cafetería Invictus con regreso.

Os interesados en formalizar a inscripción deberán de facelo de forma presencial no Concello (planta baixa-departamento de estatistica) a partir do vindeiro xoves día 1 de xuño ás 8:30 horas.

As prazas adxudicaranse segundo a orde de inscripción ata esgotar as mesmas. No momento de esgotar as prazas comezará una lista de espera.

A inscrición debe de ser realizada polo pai/nai ou titor legal, Non se poderán facer inscricións no nome de terceiras persoas.

O pago farase antes do venres día 16 de xuño, antes do comezo da actividade, tendo que presentar o resgardo de pago no departamento onde se fixo a inscrición no Concello xunto ca documentación requerida.

Aqueles inscritos que non presenten o resgardo de pago antes do comezo da quenda correspondente, quedarán excluidos da actividade, e ocupará o seu lugar o primeiro inscrito da lista de espera.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies