займ срочно

Reclaman melloras no vial Baloira a Pontecesures na Estrada

0

A Estrada, 1 de xuño do 2020 – O BNG da Estrada ven de reclamar melloras no trazado e na capa de rodadura da estrada de Baloira a Pontecesures.

A concelleira do BNG, Susana Camba, explicou que “esta estrada da Xunta, que é a única vía que une o noso concello con Pontecesures e Padrón, que é tamén única vía de acceso coa autovía da Barbanza, non só ten un trazado sinuoso, senón que ten un apreciábel deterioro da capa de rodadura, que en algún tramo é intransitábel”.

“Os veciños e veciñas que utilizan este estrada están fartos deste desleixo por parte da administración autonómica e por parte do concello que non esixe a mellora desta estrada”, afirma a concelleira nacionalista. “O alcalde non levanta a voz por esta estrada, porque a xestiona o PP, se chega a estar xestionada por outra organización faltaríalle tempo para colocarse detrás da pancarta”,  engade a concelleira do BNG.

Reclaman melloras no vial Baloira a Pontecesures na EstradaProblemas cos eucaliptos

Os nacionalistas explican ademais que os grandes eucaliptos, que existen ao longo das marxes da calzada, provocan problemas cos temporais e ventos fortes xa que a estrada énchese de polas, algunhas de gran tamaño. A Xunta anunciara hai uns anos que se cortarían pero non se fixo e Susana Camba destaca que o goberno autonómico pide aos propietarios que non os planten pero non se aplica a lei así mesma.

O BNG da Estrada insta ao alcalde e á Xunta “a mollarse pola PO-214; o noso concello necesita infraestruturas modernas e ben coidadas, que para algo pagamos impostos” afirma a concelleira nacionalista.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies