займ срочно

Piden que o orzamento da Festa do Salmón se dedique a hostalería

0

A Estrada, 20 de abril do 2020 – O BNG propón incentivos á hostalaría e casas de turismo rural con cargo ao orzamento da Festa do Salmón xa cancelada.

Os nacionalistas explican que, como en outros concellos, a hostalaría e as casas de turismo rural sufrirán especialmente a crise provocada polo Coronavirus. A cancelación da Festa do Salmón e a incerteza de que sucederá coas festas patronais ou a Rapa das Bestas agudizan eses problemas.

Por este motivos o BNG propón ao goberno municipal que, de acordo coa asociación de hostalaría, poña en marcha un plan de incentivos e de axudas directas a este sector, con cargo ao orzamento previsto para a Festa do Salmón e as festas patronais.

Lembran tamén que é o momento de trazar un plan para axudar aos distintos sectores económicos do concello e que desde o principio trasladaron a súa vontade de colaborar e axudar a superar esta crise.

A proposta será explicada pola concelleira Susana Camba na vindeira reunión virtual co grupo de goberno municipal.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies