Cancelada a Rapa das Bestas de Sabucedo 2020

0

A estrada, 20 de xullo do 2020 – A parroquia de Sabucedo decidiu o pasado sábado a cancelación definitiva da Rapa das Bestas 2020 despois de ter aprazada a decisión ata ver como evolucionaba a crise sanitaria.

Cancelada a Rapa das Bestas de Sabucedo 2020A veciñanza de Sabucedo reuniuse na na Carballeira do Campo do Medio o pasado sábado e decidiu a cancelación por ampla maioría. O Presidente da Asociación, Paulo Vicente, explica que “A veciñanza considerou que hai que actuar con responsabilidade para preservar a saúde da veciñanza e non hai que correr riscos innecesarios que poidan facer que xurda un rebrote. Deste xeito, tomamos unha decisión das máis difíciles, e non pola festa, senón polo coidado das bestas, que para nós son a maior das prioridades, pero só por debaixo da saúde da xente”. Vicente agradeceu o exercicio de responsabilidade, participación, democracia e confrontación de ideas distintas da parroquia “Demostramos unha madurez e un debate enriquecedor e diverso que me fai sentir moi orgulloso de Sabucedo”.

Cancelada a Rapa das Bestas de Sabucedo 2020Distintas alternativas

A directiva informou aos veciños das distintas alternativas existentes, que pasaban pola suspensión definitiva, a celebración dunha rapa pechada sen público ou con certo aforo, establecéndose nestes dous últimos casos uns protocolos sanitarios que incluían PCR´s para os aloitadores, a xente que realiza o traballo no monte e os demais colaboradores.

Cancelada a Rapa das Bestas de Sabucedo 2020Finalmente, o debate centrouse entre a cancelación ou un formato de curros privados, pero a maioría dos participantes vían moi complicado controlar a afluencia e garantir a seguridade sanitaria. Tras a votación, que tamén serviu para cancelar a Festa do San Lourenzo en agosto, a xunta directiva falou da necesidade de que toda a veciñanza intensifique a súa participación nos traballos de coidado das bestas no monte, especialmente nas fins de semana, malia que certas tarefas serán inviables xa que só é posible acometelas nos curros.

Cancelada a Rapa das Bestas de Sabucedo 2020Paulo Vicente concluíu dicindo que “Este ano vai ser un pouco especial e imos despregar máis traballo para exercer un maior control sobre as mandas, que non se poderán beneficiar da necesaria desparasitación e outras labores que facemos nos curros, pero cremos que un ano poden aguantalo, porque agora a prioridade é a saúde de todos”.

Cancelada a Rapa das Bestas de Sabucedo 2020

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial