займ срочно

Sabucedo celebra a 5º edición da MUSA, Muiñada, Magosto e Samaín

0

A Estrada, 31 de outubro do 2019 – Sabucedo celebra este sábado a quinta edición dunha festa que acolle no mesmo día unha Muiñada, un Magosto e a celebración do Samaín, a xa coñecida como MUSA.

Ao marxe da rapa das bestas de xullo o lugar de Sabucedo enche de actividade cultural o resto do ano, a MUSA é mostra diso. Serán 15 horas consecutivas de camiñadas, concertos, gastronomía e sobre todo dunha defensa do medio rural e das tradicións máis arraigadas.

A MUSA 2019 terá lugar este sábado e foi presentada nunha das vivendas xa engalanada con motivos propios da tradición celta do Samaín. Os veciños confían en que, malia as dúbidas meteorolóxicas, os asistentes volvan encher a aldea e participen activamente en todas as actividades, con especial protagonismo no roteiro de Sabucedo en quenda matinal, os obradoiros vespertinos e a escura procesión da Santa Compaña ata o cruceiro.

Polo demais, durante a xornada haberá un xantar popular con produtos da Terra de Montes na Carballeira do Campo do Medio que xa ten os seus convites á venda a un prezo de 17 euros de xeito anticipado ou 19, 10 para os nenos, no mesmo día. As reservas poden facerse nos teléfonos 659 908 745 ou 684 126 649. Tamén haberá polbo á feira a un prezo de 10 euros.

En representación do colectivo veciñal, Fátima Fernández explicou que a xente de Sabucedo “está a traballar arreo e con moita participación para que todo volva ser un éxito e ademais incorporamos pequenos detalles nas actividades que fan que en cada edición todo saia mellor”, polo que quixo convidar a todos os veciños das parroquias e dos concellos limítrofes a “gozar dunha xornada especial de Samaín nunha aldea que sempre acolle a todo o mundo cos brazos abertos”.

Pola súa banda, Henrique Bazal, presidente de Rapa das Bestas, engadiu que a MUSA “reúne todos os ingredientes dunha festa familiar en torno ás nosas tradicións e serve para demostrar a nosa aposta e cariño polo medio rural e pola dignificación e dinamismo da vida na aldea e no interior de Galicia”.

MUSAO programa

En canto ao programa de actividades, arrancará ás 10.30 horas diante do Curro Novo coa camiñada comentada do Roteiro de Sabucedo, de 10 quilómetros e cunha versión reducida de 3 tamén de configuración circular, e extenderase ata primeiras horas da madrugada coa Noite de Samaín, Magosto e concerto de Iván Rodríguez no teleclube.

10.30.-Roteiro de Sabucedo

12.00.-Apertura do Mercado de Outono

13.00.-Xuntanza e visita guiada do Muíño do Mestre e inicio dos obradoiros de pan e filloas

13.30.-Aperitivo con Airiños de Caldelas e xantar con produtos da Terra de Montes

16.30.-Obradoiros de pan, filloas e setas recollidas durante o roteiro

17.30.-Obradoiro do Samaín con calacús, vestimentas e maquillaxe

17.30.-Charla-coloquio “De Samaín a Hallomaín. Biografía dunha perversión”, a cargo do profesor e investigador Rafael López Loureiro

18.00.-Mostra-degustación de cociña de outono

19.30.-Saída da procesión da Santa Compaña e remate no cruceiro con queimada e responsos

20.30.-Noite do Samaín e magosto no teleclube

22.30.-Concerto de Iván Rodríguez

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies