займ срочно

Piden a convocatoria do Consello Económico e social da Estrada

0

A Estrada, 6 de maio do 2020 – O BNG da Estrada ven de solicitar a convocatoria de forma urxente do Consello Económico e Social.

A concelleira Susana Camba insta ao alcalde da Estrada a convocar o Consello xa que “Desde o BNG cremos que este foro é o máis acaido para, entre todos e todas, ver que medidas se poden tomar para paliar a crise económica que xa está aquí, entre nós”.

No Consello Económico e social están representados os partidos políticos, entidades sectoriais e sindicatos. Camba explica que “Cremos que o Consello Económico e Social ten que servir para algo máis que xuntarse unha vez ao ano para determinar os festivos locais, ten que servir para presentar propostas de actuación e consensuar unha resposta conxunta á crise económica”.

A concelleira do BNG, Susana Camba, tamén quixo manifestar que “o BNG aposta pola colaboración sincera para superar esta pandemia e as súas consecuencias”. “Agardamos do goberno municipal a mesma actitude” engadiu, “se nos chamamos a unha porta e esta non se abre, dificilmente superaremos esta crise”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies