A familia de Modesto Paz Camps agasalla ao Concello de Brión cunha obra do pintor

0

Brión, 7 de decembro do 2018 – A familia do pintor Modesto Paz Camps reuníronse esta semana co alcalde de Brión, José Luís García, para agradecerlle ao Concello a organización da exposición e do acto de presentación oficial do libro “Modesto Paz Camps: su vida artística y bohemia, sus exposiciones, su museo y la catalogación de su obra”, celebrado o pasado 31 de outubro.

No encontro os familiares de Paz Camps estiveron acompañados polo autor do libro, Guillermo González, e aproveitaron a ocasión para entregarlle  ao Concello de Brión unha das obras de Modesto Paz Camps na que se pode ver unha paisaxe de Ponte Maceira.

García agradeceu tanto a doazón como a colaboración na exposición realizada o pasado mes de novembro, cunha selección de 26 obras deste pintor, moitas delas relacionadas con Brión, co Val da Maía e coa contorna de Compostela. “Somos nós os que temos que agradecer a oportunidade de poder ter en Brión obras como a Leiteira da Mahía ou as obras que o autor lle dedicou á igrexa de Bastavales, así como algunhas pezas descoñecidas para o gran público e que durante dúas semanas puidemos desfrutar en Brión”, apuntou José Luís García.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial