A Federación Autismo Galicia inaugura en Fonseca a mostra ‘Un de cen. Comprendendo o espectro’

0

Compostela, 18 de decembro do 2018 – A Federación Autismo Galicia organiza, coa colaboración da USC, a exposición ‘Un de cen. Comprendendo o espectro’.

Con ela pretende contribuír a xerar unha mirada máis ampla e profunda en torno á singularidade das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo e poder ampliar o coñecemento naqueles sectores profesionais vinculados á mellora da calidade de vida das persoas con TEA e as súas familias.

A exposición, que poderá visitarse ata o 18 de xaneiro de luns a venres de 9:00 a 21.00 horas, inaugúrase as sete e media de esta tarde no Claustro Alto do Colexio de Fonseca coa asistencia da vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo, e a presidenta da Federación Autismo Galicia, María José Álvarez Folgar.

No mesmo acto, presentarase o novo Calendario da Federación Autismo Galicia 2019 e o proxecto co mesmo nome que dará o seu comezo durante o primeiro trimestre do seguinte ano, en colaboración coas universidades galegas, e que consistirá nun ciclo de charlas formativas impartidas por profesionais da rede de servizos de entidades da federación.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial