A Festa do Galo de Piñeiro chega un ano máis a O Pino

0

O Pino, 2 de agosto do 2018 – O Pino acolle esta fin de semana a festa máis tradicional da vila, a do Galo de Piñeiro que inclúe ademais unha Feira Celta, un espectáculo de maxia ou a mostra cabalar entre un amplo programa de actividades.

Desde este venres as seis da tarde ata o domingo as rúas de O Pedrouzo acollerán a Festa do Galo do Piñeiro comezando polo mercado celta na praza de Forcarei. Musica, contacontos, paseo de ocas ou a exhibición de voo das aves rapaces (haberá cinco ata o domingo) son algúns dos atractivos da primeira xornada, que se pechará cun espectáculo de lume ao anoitecer.

O sábado comezará de novo cun percorrido das ocas polo mercado e continuará  con todo tipo de actividades: pasarrúas musical, Títeres, recreación de oficios, ou contacontos durante toda a xornada. Cando se poña o sol, na praza do Concello, unha visión máxica da natureza, na que os soños e a mitoloxía mestúranse e calquera ilusión poderá converterse en realizade durante a representación de Quimera. Este espectáculo de novo circo a cargo da compañía Pablo Méndez é unha das novidades do programa da Feira Celta este ano no Pino.

O domingo, día grande da festa, os protagonistas serán os galos e galiñas piñeiras e os cabalos. A feira de galos vivos congregará dende ás 10.00 aos mellores exemplares da comarca. Unha iniciativa que permitiu recuperar unha raza autóctona e que hoxe supón unha reforzo para a economía de moitas familias. O Concello repartirá 550 euros en premios nesta feira. E mentres a feira celta continúa co seu programa, preto da praza de Forcarei serán moitos os afeccionados e criadores de cabalos os que participarán no diferentes concursos da mostra cabalar durante todo o día, para os que o Concello destina 3.900 euros en premios. As 12.00 celebrarase a proba do campionato galego de enganches de carruaxes, e ás 18.30 está previsto o espectáculo Duende Ecuestre, no que se poderán contemplar exhibicións de fantasía andaluza, baile flamenco, garrocha, carrusell, doma de alta escola en rendas longas ou doma vaquera, entre outros.

Degustación, xigantes, cabezudos e o mago Antón

E mentres uns percorren os postos de artesanía ou asisten aos espectáculos ecuestres, outros poderán gozar e sorprenderse cos xigantes e cabezudos da Asociación Cultural Espanada Gaiteiros e Cabezudos, que dende as 12.00 percorrerán as rúas de Pedrouzo e tamén a Feira Celta, ata que ás 13.00 dé comezo a degustación gratuíta de galo piñeiro nos postos habilitados.

O delegado territorial da Xunta na provincia da Coruña, Ovidio Rodeiro, será o encargado de ler este ano o pregón, sobre as dúas da tarde, antes da entrega de premios aos gañadores da feira de galos e galiñas de raza piñeira, e do xantar popular.

Na sobremesa, ás 17.00 horas, o mago Antón ofrecerá o primeiro dos cinco espectáculos previstos. Será no escenario do seu propio camión, aparcado preto da praza de Forcarei. As sesións repetiranse ás seis, sete, oito e nove da tarde, para un máximo del 70 persoas en cada pase. Os que desexen asistir deberán retirar a invitación na carpa do Concello dende as 14.00 horas.

Este intenso fin de semana rematará coa entrega dos premios aos gañadores da mostra cabalar, prevista para ás oito, e coa actuación de Xilo e Carlos, que poñerán a música de fin de festa.

A XIX Festa do Galo de Corral e Mostra Cabalar e a X Feira Celta está organizada polo Concello do Pino en colaboración coa empresa Balconet e conta co apoio da Xunta de Galicia, Deputación da Coruña e Abanca.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial