“A Fiestra dos Soños” de Trotaventos esta tarde en Ames

0

Ames, 8 de febreiro do 2019 –  Hoxe comeza a programación de Apego no concello de Ames co espectáculo “A Fiestra dos Soños”as seis da tarde na Casa da Cultura de Bertamiráns.

“A Fiestra dos Soños” Está baseado no libro de poemas ilustrados e musicados do mesmo nome. Consiste nun concerto para soñadores/as no que, a través dunha fiestra musical, os espectadores poderán asomarse a un mundo máxico formado por ritmos variados e actuais con raíces en diversas músicas populares.

As entradas para asistir a este espectáculo xa están dispoñibles a través da Billeteira electrónica, mentres que só un 10% se reservarán, como é habitual, para vender de xeito presencial unha hora antes do comezo do espectáculo. O custo das entradas é de 4 euros, con descontos do 50% para persoas maiores de 65 anos, menores de 12 e estudantes con carné.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial