A Filloa a Pedra de A Baña homenaxeou as mulleres rurais

0

A Baña. 26 de marzo do 2018 – Centos de persoas degustaron na Baña filloas da pedra, unhas soas, outras con chourizo ou orella, outras con doce, durante unha xornada que serviu de homenaxe ás mulleres do rural.

A pregoeira da Festa da Filloa a Pedra, a escritora Marga Cancela, dixo que “non se pode falar de filloas sen mulleres, esas mulleres que son unhas auténticas malabaristas, capaces de coser, pranchar e facer os deberes cos seus fillos”, Cancela tivo tamén un recordo especial para Elisa Liñares Guerra, unha das impulsoras da Festa da Filloa da Pedra. Segundo explicou Marga Cancela no seu pregón, as auténticas filloas son as do Val da Barcala. “O que pasa e que aos peregrinos franceses gustáronlle tanto que copiaron a receite e levárona para a súa terra. Alí, co seu  saber facer, asumírona como propia e souberon divulgala ata que alcanzou fama mundial”, sinalou a pregoeira, para quen as crêpes non teñen nada que ver coas filloas, e menos coas filloas da pedra da Baña.

A celebración da XV Festa da Filloa da  Pedra acudiron centos de persoas, así como os alcaldes de Val do Dubra, Santa Comba e Carnota, o presidente de Feiraco, e veciños do concello que viven en Brasil ou Arxentina. Todos puideron degustar as 8.000 filloas que veciños e voluntarios da Asociación Filloas da Pedra da Baña estiveron preparando tanto a tarde do sábado como todo o Domingo de Ramos, día no que se celebrou a festa despois de que o concello decidise aprazar a celebración prevista para o 11 de marzo por mor do mal tempo. Trece mulleres e tres homes atenderon as corenta pedras de 40 x 40 centímetros para ofrecer filloas a todos os visitantes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies