займ срочно

A Filloa de Lestedo protagonizou unha xornada na Galiciana

0

Compostela, 2 de marzo do 2019 – Unha divertida xornada reuniu a bloggers, xornalistas e políticos en torno a Filloa de Lestedo no Mercado La Galiciana.

De esquerda a dereita: Manuel Fernández Munin, Benigno Sánchez, Jose Manuel Canabal e Ovidio Rodeiro

Un serán no que puidemos ver ao alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, ou ao Delegado da Xunta na provincia, Ovidio Rodeiro, xunto ao xerente da Galiciana, Benigno Sánchez, ou o presidente da Asociación da Filloa de Lestedo, José Manuel Canabal, aplicados diante das filloeiras demostrando a súa faceta de cociñeiros.

Non foron os únicos xa que no concurso participaron reputados bloggers e xornalistas que competiron por facer a mellor filloa. A gañadora finalmente foi Marité Suite do blog The Foodie Searcher.

Unha degustación de distintas preparacións con filloas foi outro dos eventos que marcaron a xornada. A filloa rechea de guacamole e pico de galo, preparada por The Veggie, a feita por Lacón Street, con puller pork, ajipanca, cebola mourada e boniato krispy, ou a de Churras Churras con gambóns e espinacas foron algunhas das máis valoradas.

Os gaiteros da escola Mestre Manuel Gacio de Boqueixón ou un atranque de dúas Xeneráis da Ulla completaron un día moi intenso que serviu de promoción da Festa da Filloa de Lestedo que se celebrará o próximo 10 de marzo.

A xornada estivo organizada pola Asociación da Festa da Filloa de Lestedo e contou coa colaboración do Concello de Boqueixón e o GDR Terras de Compostela

[ngg src=”galleries” ids=”105″ display=”basic_slideshow”] 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies