займ срочно

A Fundación Granell conmemora esta semana o seu aniversario

0

Compostela, 28 de novembro do 2018 – A Fundación Eugenio Granell, como ven sendo habitual dende fai uns anos, organiza na última semana do mes de novembro, diferentes actos e actividades para conmemorar o aniversario do artista. nado o 28 de novembro de 1912.

Hoxe e mañá organizase unha xornada de portas abertas na Fundación Granell para que todas aquelas persoas que visiten o Museo o fagan de balde.

Hoxe mércores ás 19.00 h.  realizarase unha nova entrega da actividade  A Miña Peza Favorita. Neste caso a cargo do investigador Leonel García Laborde, que se centrará nos recursos e rasgos das Artes Escénicas que están presentes na obra de Granell.

Leonel licenciouse en Arte Dramático na especialidade de Dirección escénica pola Universidade Estatal de Cultura e Arte de Moscú en 1992. Conta cun master de Artes escénicas realizado na Universidade de Vigo; onde actualmente estase doutorando en estudos literarios. Combina a dirección escénica coa docencia e a investigación teatral. Dende o año 1998 dirixe Teatro Aforo, con sede en Vigo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies