A Gaiola leva “Feliz 1990!” este sábado a Lousame

0

Lousame, 11 de xaneiro do 2019 –  Teatro A Gaiola, agrupación de teatro afeccionado de Lousame, porá en escena a obra “Feliz 1990!” este sábado 12 de xaneiro, ás 18:00 horas, no auditorio da casa da cultura de Lousame.

A actuación de A Gaiola realízase a prol da Asociación Amicos, pero tamén está aberta á participación da veciñanza de Lousame. A entrada é totalmente libre e de balde ata completar aforo.

A obra rememora a noite do 31 de decembro de 1989 ao 1 de xaneiro de 1990, revivindo a gala televisiva daquela xornada na que os actores darán as badaladas e comerán as correspondentes uvas nunha simpática comedia que gustará a todos os públicos, tanto os que viviron aquela xornada como para os que aínda non naceran. A representación conta coa colaboración do Concello de Lousame.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial