A Gentalha do Pichel abre o espazo aos problemas medioambientáis da bisbarra

0

Compostela, 6 de febreiro do 2019 – A Comisión de medio natural da Gentalha do Pichel porá o foco sobre os conflitos ambientais na contorna de Compostela.

Despois da edición da axenda anual dedicada a esta temática a Gentalha prepara unha serie de actividades ao longo do ano para coñecer mellor estas problemáticas.

Mañá día sete será a Plataforma de afectados polo vertedoiro de Miramontes en Santiago e a Plataforma Casalonga Limpa de residuos que exporán as súas experiencias ao longo de estes últimos meses.

A Plataforma de afectados polo vertedoiro de Santiago de Compostela-  Miramontes   naceu   en 2016 para denunciar o que está a padecer a   veciñanza de  Grixoa.  Nesta   parroquia compostelá, nos antigos terreos dunha extracción de áridos queren instalar un vertedoiro e unha planta de chans artificiais. Isto supón un continúo tránsito de vehículos con residuos e cheiros nauseabundos.

Casalonga Limpa de Residuos naceu en xuño do 2018 cando a empresa Toysal anunciou o proxecto dunha planta de tratamento de residuos para producir biogas na antiga canteira de Carvallal.  A planta contaría cunha balsa de almacenamento de 7000 metros cúbicos e trataría 90.000 toneladas anuais de residuos. O informe municipal considera que o proxecto de Toysal incumpre a lei do solo de Galicia e ten esixido a Consellería de Medio Ambiente que arquive a solicitude de empresas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial