A Gentalha do Pichel celebra a Festa do 17 que se fai o 12

0

Compostela, 12 de maio do 2018 –  A Asociación Cultural Gentalha do Pichel celebra un ano máis as letras galegas coa Festa do 17 que se fai o 12.

Baixo a lenda Unha língua para todas, este ano a Gentalha quere visibilizar a necesidade de crear unha sociedade “inclusiva, diversa, transformadora cunha clara mensaxe de xénero, contra a transmisión patriarcal en palabras e situacións que perpetúan unha dinámica machista”.

O programa de actividades previsto para a xornada de hoxe é como sigue

→10.30 Alborada e cabezud@s polas ruas de Compostela

Feira de criadoras na Praza do Pam (Cervantes)

→12.30 “Com Martina na tina”, atividade para crianzas, na praza 8 de Marzo

→13.00 Sesión vermu com LÉVEDO. Um proxecto de Bouba e A máquina de mallar, na praza 8 de Marzo

→14.30 Xantar popular com opción onívora ou vegana na praza 8 de Marzo

→17.30 Foliada dos cursos co alumnado de Itaca. Asociación xuvenil e cultural , A. C. A Gentalha do Pichel e Semente Compostela na Praza do Pam (Cervantes)

→ 21.30 Concertos na praça 8 de marzo

    →Grupo gañador do II Certame de músicas emergentes ECLOSOM: Nuada

    → Ezetaerre

    → The Tetas’ van

   → Picadiscos Ferromona

Domingo 13

→ 17.00 Roteiro: Que son esas letras? A palabra escrita no espazo público, con André Seoane

 A Gentalha quere tamén visibilizar, un ano máis, o traballo que durante todo o ano desenvolve a asociación de forma autosostida. Agradecen o apoio económico de entidades, colectivos, cooperativas e empresas que colaboraron en esta edición da festa coa publicidade que vai nos programas.

O cartaz foi deseñado pola artista Elga Fernández Lamas e na festa serán utilizados ecocopos co obxectivo de reducir o lixo xerado.

A Gentalha do Pichel ven desde hai 14 anos dinamizando a vida social de Compostela. Entre os diferentes propósitos deste colectivo está o de  ensinar, difundir e disfrutar da cultura tradicional galega asi como o de fomentar o coñecemento de novas producións culturais da Galiza em particular e da Lusofonia en xeral; valorizar o patrimonio histórico,cultural e lingüístico ou coñecer o medio natural e denunciar às agresións que sofre.

Para mais información pódese consultar o facebook da Gentalha do pichel ou o blogue deste colectivo gentalha.org ou enviar un correo a gentalha@gentalha.org

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies