A Gentalha do Pichel celebrará o sábado a final do III Eclosom

0

Compostela, 9 de abril do 2019 – O próximo sábado 13 de abril, 22 horas, a Gentalha do Pichel celebrará a final da terceira edición do certame Eclosom para bandas emerxentes, en galego e con mulleres.

As tres bandas finalistas do Eclosom 2019, elixidas na fase de votación popular, e que defenderán o seu proxecto musical na final son:

Flow do Toxo

Kanitroters

Lagháchema.

Como nas edicións anteriores, a gala consistirá nun concerto ao vivo de non mais de 30 minutos de cada banda e a gañadora será seleccionada por un xurado especializado (por confirmar) e polo voto do público presente.

A banda gañadora recibirá como premio 300€ en metálico, actuará nos concertos da “Festa do Dezassete… que se fai o 17!″ deste ano na praza 8 de marzo de Compostela e poderá usar de forma gratuita durante un ano o local de ensaio da Gentalha.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial