A Gentalha do Pichel cumpre 15 anos celebrando as Letras Galegas

0

Compostela, 15 de maio do 2019 – Este venres a Gentalha do Pichel organiza unha xornada moi especial na que celebra os seus 15 anos de “rebeldía” e ao mesmo tempo conmemoran as Letras Galegas.

Baixo a lenda 15 anos de cultura e rebeldía este ano o colectivo pon o foco no traballo desenvolto ao longo de este tempo. Según a Gentalha do Pichel forón quince anos de reivindicar a lingua, a cultura e o dereito a vivir en galego, cunha conciencia ecoloxista e recuperando a memoria histórica.

Ao longo de este tempo a asociación cultural realizou obradoiros, palestras, concertos, e actividades de todo tipo non só no local se non tamén na rúa.

Para este venres o programa de actividades proposto pola Gentalha é o seguinte

Festa do dezassete que se fai o 17 de maio

Praça 8 de março

11’00 feira de criadoras

14’00 sessom vermú com a banda Vudú

15’00 jantar popular

16’30 sessom sobremesa

Praça do pam

17’30 foliada

20’00 concertos na Praça 8 de março

Lagháchema

Cuarta xusta

Sacha na horta

Karabogaz

Ruxe-ruxe

Este ano o cartaz foi deseñado por Marta Conde e na festa serán utilizados ecocopos que poden ser adquiridos na propia festa. En todo caso propoñen tamén que se leven de casa ecocopos co obxectivo de reducir o lixo.

Para mais informaçom podedes passar polo CS O Pichel de 18h00 a 23h00 martes, mércores e venres, xoves de 18h00 a 21h00, sábados de 19h00 a 01.00 e domingos de 19h00 a 12h00; consultar o facebook da Gentalha do pichel ou o blogue deste colectivo gentalha.org ou enviar-nos um correio a gentalha@gentalha.org

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial