займ срочно

A Gentalha do Pichel organiza a terceira edición do Eclosom

0

Compostela, 15 de xaneiro do 2019 – Terceiro ano no que a Gentalha do Pichel pon en marcha o seu certame de música para bandas emerxentes con presenza feminina, o Eclosom.

O Eclosom naceu para dar visibilidade a grupos que teñan presenza feminina e canten en galego. Nos últimos anos son cada vez máis as bandas formadas por mulleres ou nas que participan pero desde a Gentalha seguen pensando que é preciso buscar máis visibilidade.

Desde o centro autoxestionado tamén consideran que o Galego pasa como lingua por un estado crítico de perda continúa de falantes. algo que repercute tamén na música. Din observar un certo estancamento no nacemento de novas bandas e a falta de relevo para as xa consolidadas. Un motivo máis para impulsar o certame.

A Gentalha está inmersa na actualidade na construción dun local de ensaio e por iso o premio para a banda gañadora, ademais do económico e a actuación na Festa do 17, será o uso gratuíto do local durante un ano.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies